Coñécenos

Somos unha empresa comprometida coa captación de datos a través de sensores de alta precisión. O noso enfoque céntrase na análise da información recopilada, o que nos permite ofrecer recomendacións personalizadas. Especializados en tecnoloxías de IoT, traballamos co obxectivo de mellorar a mobilidade urbana e optimizar o uso de recursos.

O noso equipo

Talento galego, formado por enxeñeiros altamente cualificados con experiencia internacional, comprometidos coa creación de solucións innovadoras e de gran impacto.

Pablo Sueiro Martínez - Cofundador
David Fraga Rivera - Cofundador

Enxeñeiro Aeroespacial con Máster en Ciencias e Tecnoloxías Espaciais, especializado en operacións satelitais e sistemas espaciais.

Enxeñeiro Industrial con Máster en Logística, especializado en optimización de procesos e análise de datos para decisións estratéxicas.

Actualmente, como Planificador de Producción Global, xestiono recursos e utilizo ferramentas de Business Intelligence para mellorar a produtividade e a rentabilidade.

Actualmente traballo como Enxeñeiro de Sistemas na misión PLATO da Axencia Espacial Europea, planificando a fase de probas do satélite e preparando o lanzamento.

A nosa misión

Transformar os datos en solucións innovadoras que contribúan ao desenvolvemento sostible das cidades, proporcionando ferramentas que faciliten a toma de decisións informadas. Apasiónanos crear un impacto positivo no entorno urbano a través de tecnoloxía avanzada e un enfoque centrado no usuario.

A nosa visión

É fundamental vivir nun mundo onde as decisións se baseen en datos obxectivos e métodos científicos. Este enfoque non só optimiza a eficiencia en múltiples operacións, senón que tamén permite unha redución significativa dos custos asociados. Creemos firmemente que en todos os ámbitos existen datos valiosos que, ao ser analizados, poden orientar o camiño cara a eleccións máis acertadas e mellores resultados.